Candidatura do Povo denuncia as políticas continuistas do PP e asegura que estará presente no Concello en 2015

A Candidatura do Povo a través do seus voceiros, Ricardo Picáns, Juan Vigo e Suso Irago, compareceu hoxe en rolda de prensa para facer un balanzo global do traballo que vimos realizando desde as pasadas eleccións municipais. Conde Roa e o relevo de Currás, o Códice Calixtino, as mocións municipais presentadas, a Cidade da Cultura ou o futuro desenvolvemento da Candidatura do Povo foron as cuestións tratadas. Causa Galiza, a través do membro da portavocía, José Antom Maceiras, estivo presente na rolda de prensa para animar ao desenvolvemento do traballo municipalista e parabenizar o camiño trazado pola Candidatura do Povo.

Ricardo Picáns destacou que “nas pasadas eleccións a Candidatura do Povo rachou todos os teitos históricos de voto soberanista en Compostela com 600 votos” e que nestes meses “vimos intervindo no tema do Códice Calixtino, a Cidade da Cultura, a presión social exercida sobre Conde Roa e a presentación de mocións municipais a respecto da dispersión de veciñ@s e a proibición das pelotas de goma”. Ricardo Picáns pechou este capítulo recordando que “a Candidatura do Povo foi a primeira en solicitar a demisión de Conde Roa e exercimos unha presión, como se demostrou no Xulgado, fundamental para criar un clima social irrespirável para Conde Roa”.

Respecto ao novo goberno, dirixido por Ángel Currás, Ricardo Picáns destacou que é “máis do mesmo, a política ultradereitista do PP”. Para por como exemplos a continuidade nas políticas lingüísticas anti-galegas, a insistencia no proxecto de AVE a Lavacolla ou o pelotazo da Finca do Espiño.

“Referencialidade soberanista”

Por sua banda, Suso Irago, destacou “a necesidade de seguir expandindo a iniciativa da Candidatura do Povo, unha ferramenta para veciñanza de Compostela necesaria e insustituíbel, que coa forza da veciñanza e os movementos populares, defenda no Concello unha forma de facer política que rache co actual nomenclatura e se poña ao servizo do povo”. Suso Irago tamén destacou “a importancia do municipalismo soberanista como ferramenta de construcción nacional”. Finalmente adiantou que nas vindeiras datas, a Candidatura do Povo aportará novos elementos á cuestión do Códice Calixtino.

José Antom Maceiras, da portavocía de Causa Galiza, quixo destacar “o traballo realizado pola Candidatura do Povo en todos estes meses e o camiño trazado” así como destacar o traballo que está a realizar o municipalismo soberanista animando “a seguir desenvolvendo esta frente de traballo. Desde Causa Galiza cremos que é necesario desenvolvelo no camiño de avanzar na referencialidade soberanista”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s