Candidatura do Povo entrega a moción pedindo a solidariedade económica do Concello contra a dispersión carceraria

A Candidatura do Povo entregou no Rexisto Municipal unha nova moción para ser tratada en sesión plenaria. Trátase da petición para que o Concello declare en público a súa esixencia de respecto para os dereitos das persoas presas, esixa a transferencia para a Galiza conforme á lei dos veciños e veciñas que están presos fora do noso país e habilite unha liña de apoio económico ás familias que son vítimas da dispersión penitenciaria de parentes presos.

As tres demandas da Candidatura do Povo axústanse á legalidade, que é vulnerada por parte das autoridades ao desterrar a centos de quilómetros a veciños e veciñas que hoxe se encontran presos sen xuizo, como acontece cos presos independentistas Eduardo e Santiago Vigo, veciños de Angrois; José Manuel Sanches, das Cancelas e Antom Santos, do bairro de San Pedro.

Alén de demandar o compromiso do máximo órgano de decisión municipal con dereitos plasmados na lexislación, a Candidatura solicita a habilitación dunha liña de axudas municipais para aquelas familias que podan demostrar que teñen parentes presos e dispersados fora do territorio de Galiza. Esta proposta procura como obxectivo exclusivo reducir a extorsión económica a que se ven sometidas neste momento as familias dos presos e presas dispersadas. Aguardamos agora o tratamento da moción polo Pleno Municipal.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s