Unha construtora asturiana gaña a maioría das adxudicacións de obra do Concello e cobrou 17.7 millóns en 2011

Se analisamos as adxudicacións de obra municipal en 2011, concluiremos que a compañía asturiana Jesús Martínez Álvarez Construcciones, S. A. é a favorita das autoridades locais. Esta posición dominante no ranking partíllaa con Construcciones en Piedra Sigrás, S. L. Ambas coparon en 2011 a metade das adxudicacións de obras do Concello. Segundo o informe da Federación Gallega de la Construcción presentado este mes. Jesús Martínez percibiu máis de 1.3 millóns por dous proxectos contratados co Concello e Piedra Sigrás cobrou 1.2 millóns por oito obras.

En 2011, Raxoi adxudicou a distintas sociedades 32 obras por un custo total de 5.084.647,61 euros. As dúas compañías citadas percibiron cada unha por volta do 25% da cantidade total. O resto das empresas que se beneficiaron dos contratos co Concello de Compostela en 2011 foron as que se expoñen a continuación:

Dragados, S. A. 500.520 euros
OVIGA Obras y Viajes de Galicia, S. L. 347.763 euros
Eulogio Viñal Obras y Construcciones, S. A. 301.378 euros
CESPA Compañía Española de Servicios Públicos Auxiliares, S. A. 241.620 euros
Rendal, S. L. 186.912 euros
Aquagest 163.001 euros
Unika Proyectos y Obras, S. A. 151.621 euros
Construcciones Ramón Vázquez y Reino, S. L. 133.670 euros
Neor S.A. 127.754 euros
Espina y Delfin S.L. 124.859 euros
Copcisa S.A. 116.376 euros
Excavaciones Migasa S.L. 60.955 euros
Daviña S.L. 33.570 euros

Chanchullos municipais

Pedra Sigrás é a compañía que se viu envolvida no Caso Montebalsa, no que foran condenados o arquitecto municipal e o xefe de obras do Concello durante o bipartido por modificaren en 2009 o expediente que facía a Pedra Sigrás gañadora do concurso para rehabilitar o polideportivo Cardenal Quiroga Palacios. O xuíz valorara que ambos substituiran parte da documentación para que Montebalsa ficase por riba de Pedra Sigrás. Montebalsa non tivo nengunha adxudicación de obras en 2011

Emuvissa contratou o groso
das obras municipais en 2011

O informe empresarial recolle tamén as adxudicacións realizadas en 2011 pola Empresa Municipal de Vivenda e Solo (Emuvissa), recentemente liquidada polo goberno municipal como punto do seu ‘Plan de Axuste’. É significativo comprobar que as adxudicacións de Emuvissa ascenderon nada menos que a 16.216.032 euros e que a maior parte desta cantidade, máis de 7.5 millóns, foron tamén para Jesús Martínez Álvarez Construcciones, S.A., que fixo as obras de urbanización do SUNP-38 de Formarís.

Pola súa parte, a Unión Temporal de Empresas (UTE) Oviga-Espina y Delfín percibiu da empresa municipal outra mordida importante: máis de cinco millóns de euros para o SUNP-37.3 de Costa Vella.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s