Xunta e empresas gastarán 1.5 millóns nunha exposición de pedras na Cidade da Cultura

A Cidade da Cultura é o paradigma do esbanxamento inútil de recursos públicos. A exposición Gallaecia Petrea, coa que se inaugura en xullo o terceiro edificio do complexo, o Museu de Galiza, custará a todos os galegos e galegas 1.5 millóns. Dado que a exposición permanecerá seis meses no Gaiás, o gasto diario será de 8.241 euros por jornada. Mentres, desde o concello apélase á caridade para surtir de produtos básicos de hixiene a decenas de familias de Compostela.

Dez sociedades participaron no concurso para se faceren adxudicatarias do servizo e cobraren os 597.390,85 euros (506.263,43 con IVE) que a firma gañadora percibiría coa concesión. Outros gastos a engadir serán os derivados da recollida, transporte e devolución dos centos de pezas que conforman a exposición hoxe depositados en 39 concellos galegos, 12 localidades portuguesas e cinco españolas (410.640 euros). Os gastos de promoción da mostra completan o desembolso final. O 23% sairá das arcas da administración autonómica.

Empresa beneficiada

Expociencia, S. L. foi a empresa que, tras o concurso de participación non restrinxida convocado pola Fundación Cidade da Cultura, resultou beneficiada coa concesión do contrato de produción, montaxe e desmontaxe de Gallaecia Petrea. A compañía, que é madrileña, está presidida por Francisco Javier Gómez-Navarro, ministro de Comercio e Turismo con Felipe González entre 1993 e 1996.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s