Candidatura do Povo organiza a I Andaina Popular contra a instalación da depuradora na Devesa do Rei

O PP local non tardou en dar mostras da súa sensibilidade ambiental. Cando a nova corporación aínda non cumpriu un ano desde a proclamación de Conde Roa como alcalde, o proxecto de construir unha depuradora na Devesa do Rei, perto da confluencia do rio Roxos co rio Sar, aparece como a proposta de desfeita ecolóxica máis significativa lanzada desde a extrema dereita local.

A Candidatura do Povo, consciente do valor cultural e ambiental da Devesa do Rei, está a desenvolver unha campaña de denuncia da nova localización da depuradora. Esta consiste na distribución na cidade e nas parroquias de Vilestro e Roxos dunha folla informativa do proxecto do PP local. Alén disto, o noso grupo municipal programou para o próximo domingo 13 de maio unha andaina popular desde a Silvouta ate a Devesa do Rei que partirá ás 12:00 h. desde a EDAR.

Folla informativa

Anexamos ao pé desta información a folla que a Candidatura do Povo está a distribuir en Compostela para dar a coñecer, e denunciar, a desfeita ambiental que programa o PP na Devesa do Rei. Convidamos á veciñanza sensibilizada contra a nova localización da depuradora a espallar esta información e participar o próximo domingo 13 de maio na marcha convocada desde A Silvouta.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s