Ángel Currás anuncia que o Concello e a Igrexa “terán que seguir da man” despois da entrevista institucional co arcebispo

Facer de Compostela unha cidade galega non confesional vai ser tarefa dura se atendemos ás atitudes predominantes nos grupos presentes na corporación local. Hoxe, dentro do ciclo de reunións que o novo rexedor mantén con autoridades políticas, académicas e eclesiásticas, recibiu ao arcebispo Julián Barrio. Evidenciando a vontade continuísta da súa equipa, Currás anunciou que o Concello e a Igrexa Católica “terán que seguir da man” nos próximos tempos.

O alcalde non limitou a colaboración municipal á protección do patrimonio público que, aínda, se encontra en mans da curia, senón que estendeu esta à “proxección [turística] de Santiago” no exterior e á revitalización do “fenómeno Xacobeo”. Currás non dubidou en afirmar o que significa esta celebración turístico-relixiosa “para Santiago e para Europa”. Á vista dos feitos, semella que Conde Roa deixou o Concello atado y bien atado.

Fin dun episodio cómico

A proposta pública do presidente da asociación de comerciantes Compostela Monumental, José Manuel Bello, para adiantar o Ano Santo de 2021 “para 2014 ou 2015” (sic) co obxectivo de “axudar ao relanzamento económico de Europa” (!) rematou o percorrido. En menos de 48 horas recibiu, con boas palabras, a negativa das tres institucións ás que se dirixiu –Igrexa, Concello e Xunta-. Segundo parece, o arcebispado non encontrou “motivos espirituais e relixiosos” suficientemente intensos na vontade de Bello de aumentar os ingresos das tendas da Zona Vella.

Pola súa parte, Currás anunciou que a ocorrencia do presidente de Compostela Monumental “ten pouca viabilidade” e o conselleiro da Presidencia Alfonso Rueda preferiu deixar a bola no tellado da Igrexa, alegando que corresponde a esta a “decisión última” e anunciando que a Xunta fará “o que sexa” para potenciar a celebración turístico-relixiosa.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s