Anexamos video de denuncia sobre a Cidade da Cultura emitido nun canal español de TV

A Candidatura do Povo mantén desde a súa constitución unha liña de traballo de denuncia e mobilización contra a Cidade da Cultura e esixencia da paralisación das obras e dotación dun uso social para os edificios construidos. En ocasións, a crítica do proxecto, que en distintas etapas contou co alento de PP, PSOE e BNG e a condena dos sectores soberanistas en solitario, encontra espazo nas TVs españolas. O férreo control da administración autonómica sobre a CRTVG imposibilita unha información fiábel sobre o complexo turístico do Gaiás.

O programa que anexamos é Equipo de Investigación, conducido por Gloria Sierra e emitido pola cadea española Antena 3. Nesta edición, Sierra denuncia a multiplicación de proxectos de infraestruturas no Estado español que non teñen utilidade social coñecida, pero se converten en auténticas samesugas de diñeiro público cando existen necesidades sociais primarias sen cubrir. A denuncia da Cidade da Cultura pódese visionar do min. 24:49 ao 32:49. Suxerimos o visionado dos oito minutos de denuncia e a súa difusión individual a través das redes sociais. O video desenvólvese nunha lingua de coñecemento legal obrigatorio para a veciñanza de Compostela.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s