Correlingua mobiliza 2000 rapaces a pesar da sabotaxe económica imposta por Ángel Currás

O Correlingua cubriu hoxe a súa etapa compostelana baixo a chuva e a pesar do boicot do Concello, que nesta edición suspendeu por motivos ideolóxicos a súa colaboración económica coa proba deportiva de defensa da nosa lingua. Centos de nen@s e xovens percorreron as rúas da cidade nun clima festivo para reivindicar a plena normalización do idioma nacional, evidenciando que a equipa de goberno non ten capacidade de veto. De feito, a denegación de instalacións municipais cubertas fixo con que @s rapac@s se mollasen literalmente coa reivindicación.

Currás mantivo o boicot

Ángel Currás, que tiña neste evento unha ocasión de ouro para se distanciar do españolismo rancio praticado polo seu antecesor, demostrou que compartilla 100% o proxecto do grupo municipal do PP de minorizar o Galego en Compostela. A súa visión aparentemente cosmopolita da política cultural, que xestiona en persoa, é en realidade unha negativa frontal a traballar no desenvolvimento da identidade galega alén do folclorismo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s