Concello organiza en Vite o ‘Día de Europa’ cunha degustación de madalenas pintadas con bandeiras da UE

O surrealismo é posíbel en Raxoi. O próximo mércores Vite celebra nada menos que o Día de Europa a instancias da Equipa de Dinamización Urbana Santiago Norte e o centro sociocultural José Saramago de Vite. A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, participará no acto que, segundo afirmou, “permitirá a maiores e rapaces do bairro interactuar e aprender mutuamente dos seus traballos e experiencias”.

Alén das palabras, o caso é que a xornada proxectada consiste apenas nunha degustación de madalenas pintadas coas bandeiras de Estados da UE –ollar cartaz-. Vendo as necesidades socioeconómicas e de servizos da veciñanza de Vite, é fácil perguntarse como pode contribuir semellante acto aos obxectivos que anuncia a Sra. Prado. O paradoxo é, ademáis, que esta festa da madalena é parte dos Programas de Dinamización Social, Igualdade de Oportunidades, Formación e Educación de Colectivos en Risco de Exclusión (?), o que evidencia con que seriedade se abordan desde a corporación local os problemas de exclusión social que vive Compostela.

Quen financia?

Segundo as informacións que circulan na rede, o financiamento de xornada tan sui generis corre en parte a cargo do Fondo Europeu de Desenvolvemento Rexional (FEDER), co que todo indica que a institución municipal tamén é parte, como cofinanciante, da iniciativa a pesar de que descoñecemos que “investimento” se fixo na degustación de madalenas.

Advertisements

One thought on “Concello organiza en Vite o ‘Día de Europa’ cunha degustación de madalenas pintadas con bandeiras da UE

  1. Pingback: Compostela deixa de ingresar 850.000€ nas arcas locais porque o Concello non esixe á Igrexa o pagamento do IBI | Candidatura do Povo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s