Compostela deixa de ingresar 850.000€ nas arcas locais porque o Concello non esixe á Igrexa o pagamento do IBI

Repetimos con insistencia que a corporación está entregada á Igrexa Católica. Antes co bipartido, participando alcalde e edis en actos relixiosos como presenza institucional. Agora, con máis intensidade, coa extrema dereita fundamentalista, que fai de Raxoi alavanca para promocionar o seu credo relixioso. A última do rosario de xenuflexións ante a curia é o rechazo do Pleno Municipal á iniciativa de Rubén Cela para revisar o Concordato coa Santa Sede e cobrar o IBI á Igrexa ou, no seu caso, pedirlle compensación por este privilexio divino de que as súas propriedades non abonen ao fisco local.

A Igrexa Católica conta en Compostela cun impresionante patrimonio inmobiliario, pero, a diferenza do resto dos proprietarios mortais, non abona un euro ás arcas locais por este concepto. Cálculos realizados polo edil que presentou a proposta evidencian que Compostela deixa de ingresar cada ano por este privilexio 850.000 euros do cobro do Impuesto de Bienes Inmuebles. Desglosados, trátase de 224.000 euros derivados de bens de uso eclesiástico e 626.000 polo patrimonio histórico da Igrexa.

Podemos facernos unha idea da dimensión da cantidade se temos en conta que o orzamento local para 2012 se estima que será de 90 millóns de euros, é dicir, o IBI non cobrado á curia suporía ingresar case un 1% máis en 2012. Imaxinemos o que suporía isto para facer desde o Concello políticas contra a exclusión social. Así, cando menos, evitaríamos á ultraliberal pero caritativa Paula Prado andar de paseo polos medios chamando á veciñanza a traer mantas, cueiros ou alimentos e organizar festas ridículas como a celebrada hoxe en Vite. Preferiremos sempre servizos sociais municipais en condicións que o novo Auxilio Social co que nos obsequia o PP local.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s