Nova edila “de Normalización Lingüística” fai a súa primeira comparecencia en castellano

Rebeca Domínguez Iglesias, veciña da Zona Nova, nº 14 da listaxe coa que Conde Roa se presentou ás eleccións municipais de maio de 2011 e militante de Nuevas Generaciones, é a nova concelleira de Normalización Lingüística e Educación despois de que Ángel Currás desdobrase esta concellaría e puxese baixo o seu mando directo a política cultural do Concello. A Srta. Domínguez, a pesar da responsabilidade que detenta, é unha persoa completamente allea ao traballo pola hexemonía social da nosa língua.

Español-falante habitual, Domínguez entrou no Concello despois de que a dirección do PP en Galiza forzase a dimisión de Conde Roa. A nova concelleira nada ten a ver coa normalización do noso idioma, pero, dado que Currás tivo que deixar a concellaría despois de ser designado alcalde, a nº 14 foi quen ocupou o seu cargo. Domínguez foi presentada hoxe en comparecencia mediática polo alcalde. Da súa intervención destacamos duas cuestións: primeira, a edila utilizou o castellano. Nen sequer o emprego protocolario que caracteriza o resto do seu grupo municipal.  Segunda, para alén de xeneralidades, nen unha palabra respecto aos planos que poda ter –se existen- para a promoción da nosa lingua.

Continuismo

Dado que o mandato de Currás se anuncia continuista, a chegada de Rebeca Domínguez non anuncia nada bon despois de normalizarse as comparecencias institucionais do Concello en español, a recepción en sede institucional á ultra Gloria Lago, o boicot económico ao Correlingua, a marxinación do Galego nas próximas festas da Ascensión, etc. O actual Concello traballa claramente para construir España desde Raxoi. Unha edila de Normalización Lingüística que ten o castellano como lingua habitual é unha peza máis nese deseño colectivo.

O que esta situación dé de si nos tres próximos anos xa é, desde agora, responsabilidade de todos e todas.

3 thoughts on “Nova edila “de Normalización Lingüística” fai a súa primeira comparecencia en castellano

  1. Pingback: Nova edila “de Normalización Lingüística” de Compostela fai a súa primeira comparecencia en castellano

  2. e todo isto xusto xustiño uns días antes da celebración da Semana das Letras Galegas …… ai …. mimá!!!!

  3. O diario ultraconservador “El Correo Gallego” recolle hoxe día 11 un comentario de GLUTINGA na nova sobre a toma de posesión de Rebeca Domínguez Iglesias que aborda os conflitos internos do grupo municipal do PP. Así, segundo GLUTINGA, que titula o seu texto como “Savia nueva”, o que estaría a acontecer despois do nomeamento da concelleira de Normalización Lingüística que non fala galego sería o seguinte “El triunvirato de maria Pardo, reyes y sierra ya es cuarteto. El trío se quiere atraer a la nueva. Y ayer tomaban café juntas, Pronto abrá congreso local de pp y la nueva tratara de lanzar a su marido Jorge Toxo para disputarle la presidencia a Curras que presidirá la gestora. Toxo ya se presnento en su día al congreso local y perdio. Pero no esta claro que en la guerra que se libra en raxoi por el poder la nueva decida finalmente irse con Paula Prado y castelao y albino con los que Jorge Toxo llego a presentarse al congreso local y tiene buena relación. Curras debe poner orden porque solo estas cosas le pueden impedir ser un gran alcalde”. Rumor ou información, será o tempo quen o determine.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s