4000 veciños de Compostela xa viven segundo Cáritas nunha situación de “pobreza extrema”

As cifras tirámolas do balanzo da Área de Emprego de Cáritas Diocesana. Segundo o informe da ONG católica que nengunha institución rebate, 4000 veciños e veciñas de Compostela viven xa nunha situación de pobreza extrema. A calificación refírese á incapacidade para satisfacer necesidades básicas como alimentación, vivenda, roupa, etc. A situación é aínda máis grave, dado que son 22.000 as persoas que viven na pobreza na nosa cidade aínda que esta non se caracterice de “extrema”.

A dimensión deste desastre social pódese ver graficamente se temos en conta que o censo municipal é de 95.000 persoas, co que concluimos que o 23% da veciñanza padece distintos graus de pobreza. O fenómeno, que se agudiza obxectivamente coas actuais políticas do PP apoiadas desde Raxoi, afecta no noso país a 600.000 galegas e galegos dos cales 100.000 enfrentan unha situación de pobreza extrema, é dicir, o 3.5% da povoación de Galiza.

Ideoloxía, relixión e cinismo

A ideoloxía neoliberal extrema que profesa o grupo municipal que detenta a alcaldía co 26% dos votos da veciñanza, dando cobertura ás medidas antisociais que se aproban “cada venres” en Madrid, imposibilita facer frente a esta situación. Desde Raxoi non hai alternativas reais para o cataclismo social que se produce nunha cidade onde a cuarta parte da veciñanza foi empobrecida polos mercados e case 10.000 veciños e veciñas non teñen traballo segundo as estatísticas oficiais.

Proba da carencia é, por exemplo, que a concelleira de Benestar Social Paula Prado del Río anuncie a desaparición do Concello de calquera política real e efectiva de servizos sociais reais. Para a edila, que profesa unha grande admiración por José María Aznar, é o momento da familia “que está aí cando fallan todos os resortes sociais” e que é “unha rede social nestes tempos de crise económica”. Mágoa que, nestes tempos, haxa no noso país 72.000 familias que teñen a todos os seus membros no desemprego e para as que as crenzas ideolóxicas e relixiosas de Sor Paula carecen de calquera utilidade prática.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s