Celebramos a I Andaina Popular para defender a Devesa do Rei da instalación da nova depuradora

Este domingo celebramos a I Andaina Popular contra a instalación da depuradora na Devesa do Rei. Arquitectura popular como muíños, pombais, canalizacións e curtidorías; paraxes naturais con rápidos, fervenzas e pequenos canóns a 6 km. do casco urbano, constatación do gravísimo estado de degradación en que se encontra o Sar despois de recibir as aguas da cidade e a conciencia de que, de costas á veciñanza, e apoiándose no descoñecemento xeral destes valores ambientais, o Concello participa du brutal tentado ecológico.

A marcha comezou na Silvouta, xunto ao colexio Junior’s ligado á secta Opus Dei. Alí o guía explicou que a depuradora actual é insuficiente para tratar as aguas residuais da cidade, sendo esta unha das causas da grave degradación do caudal do Sar, que comprobamos in situ (insoportábel cheiro das aguas, contaminación, plásticos, etc.). A insuficiencia da instalación deu pé ao goberno local a procurar unha nova localización, que debería resolverse en prazos limitados para evitar a perda dos fondos (38 millóns) que a UE destina a este tipo de infraestruturas.

Contodo, frente á mudanza da localización, existen alternativas máis económicas, que evitarían novas construcións na contorna da Devesa do Rei e neutralizarían eventuais procesos especulativos cos terrenos da EDAR actual. A proposta da Candidatura do Povo é por tanto mellorar os sistemas de depuración de filtro da EDAR actual, ampliar as súas instalacións, garantindo a recepción dos fondos UE nos prazos fixados coa redución dos trámites e evitando novas agresións á contorna do río Sar e da Devesa do Rei.

O descoñecemento posibilita
a impunidade das agresións

O traslado da EDAR actual implicaría probabelmente procesos de especulación urbanística cos terrenos actuais, dado que se encontran nunha das liñas de crecemento da cidade, están próximos do citado colexio cuxos propietarios teñen notábel influencia na actual equipa de goberno e, por último, visto que Geslander, S. L., a inmobiliaria de Conde Roa, operaría tamén nesta zona do termo municipal. Dados todos que non son definitivos, pero configuran un escenario moi favorábel para a especulación.

O percurso a pé polas ribeiras do Sar permitiunos coñecer as impresionantes paraxes de fervenzas e rápidos que se existen no río, a diversidade da súa arquitectura popular maioritariamente abandonada, a calidade das aguas do Roxos e as súas pozas e o caudal de contaminación que o Sar achega á Ría de Arousa. Contodo, a situación periférica do río na cidade, o descoñecemento xeral que existe sobre a súa bacía e o estado de deterioro que sofre facilitan que hoxe, coa complicidade do Concello, se leve adiante impunemente unha brutal agresión ambiental no noso termo municipal que só a presión cidadá pode reverter.

Perspectiva do río Roxos no seu tramo final. É de destacar a calidade das aguas deste río e a súa vexetación, que contrasta coa deterioración de ambas cando chegamos ao Sar.

 

 

 

Confluencia dos ríos Roxos e Sar. A baixa calidade da imaxe impede comprobar a diferenza entre a cor dos dous caudais, que é notoria a simples vista.


 

Momento da marcha polas ribeiras do río Sar. A zona é praticábel a pé a través da rede de corredoiras antigas que existen.

 

 

Pozas neste tramo do río Sar.  A pesar de que o contorno paisaxístico é de destacar, os niveis de contaminación das aguas do Sar fan imposíbel a pesca e o baño. A repotenciación da estación depuradora actual é unha urxencia se queremos preservar a vida neste río.

Pombal perto da Devesa do Rei. En toda a área visitada hai muíños, curtidorías, pombais, canalizacións, etc. evidenciando a actividade agraria e económica que tivo no seu día esta zona do noso termo municipal.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s