Rebeca Domínguez disfrázase de “galega” para festexar o Día das Letras

Entrou co pé cambiado na corporación, utilizando o castellano no acto en que o Ángel Currás a presentaba como responsábel municipal de Normalización Lingüística. Agora, Rebeca Domínguez Iglesias, a nº 14 da candidatura de Conde Roa, trata de recuperar posicións e disimular o seu españolismo militante baixo un epidérmico manto de galeguidade. Seguindo a prática de varios membros da equipa de goberno local, que se disfrazan de galegos encanto a ocasión o permite, Domínguez apareceu onte na rúa do Vilar embutida nun traxe folclórico para presentar a actuación da Banda Municipal.

A concelleira de Normalización Lingüística declarou a pé de rúa que o 17 de maio é un día de festa “para a nosa lingua, o maior patrimonio co que contamos, símbolo de identidade que nos vencella a todos como galegos”. Á mesma hora que a edila escenificaba a súa galeguidade de día festivo, decenas de miles manifestábanse polas rúas de Compostela para esixir “que paren os ataques institucionais contra a lingua”. De feito, por segunda vez, a equipa de goberno na que se integra a concelleira boicotara a manifestación privándoa de permisos municipais para a loxística do acto.

O grupo municipal do PP non ten o Galego na súa axenda. Así o demostra a recepción da alcaldía á ultra Gloria Lago de Galicia Bilingüe, o boicot municipal ao Correlingua, a tentativa de impedir a través da denegación de permisos a celebración da manifestación nacional do 17-M e o perfil españolista dos membros do grupo municipal. Co español como lingua A e nengunha vontade de cumprir as responsabilidades co Galego que lles corresponden como cargos institucionais, á equipa de pequenos mequetrefes sen raíces que detenta o goberno de Compostela só lle queda como práctica normalizadora a simulación e o disfraz.

One thought on “Rebeca Domínguez disfrázase de “galega” para festexar o Día das Letras

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s