Concello prevé cobrar agora pola instalación de mesas informativas nas rúas e prazas públicas

A nova salta hoxe da man do edil de Mobilidade e Seguranza Cidadá Albino Vázquez Aldrey despois de se celebrar a Xunta de Goberno Local: o Concello pretende cobrar pola instalación de mesas informativas nas rúas. A proposta aparece no rascuño da nova ordenanza sobre ocupación e uso da vía pública que “actualiza” a vixente desde 1998. Ángel Currás xa enviou o texto aos grupos municipais e, vista a correlación de forzas en Raxoi, onde o PP ten maioría absoluta co 26% dos votos da veciñanza, é seguro que se aprobará no próximo pleno.

As taxas a pagar a partir de agora por este tipo de actividade común a moitas asociacións e colectivos dependerán dos metros cadrados ocupados, pero, por se fose necesario, a nova norma xa prevé sancións económicas para eventuais infractor@s que van desde 500 euros nas infraccións consideradas “leves” ata 6000 nas tipificadas como “graves”. De ficar o regulamento segundo estas primeiras informacións encontraríamonos ante unha nova volta de porca contra o exercício da liberdade de expresión e información precisamente para quen menos recursos teñen.

Censura encuberta
e afán recadatorio

Normativas municipais cociñadas na etapa do bipartido imposibilitan xa o uso normalizado do espazo público por parte da veciñanza. Así, encontrámonos con que o reparto de follas informativas, a colocación de faixas, a realización de murais, a utilización de megafonía instalada en carros, etc. están proibidos en todo o Concello e sometidos a un estrito rexime sancionatorio que, de feito, convertiu o exercicio da liberdade de expresión nunha actividade “de risco” (identificacións, multas, xuízos, detencións, etc.).

Agora, á prática tradicional da arbitrariedade na concesión de permisos de ocupación de prazas, puntos de luz, instalación de megafonía, etc., así como a cumplicidade sistemática da Policía Local coa persecución da liberdade de expresión, o PP suma a tentativa de facer do exercicio dos dereitos constitucionais un negocio e unha fonte de ingresos para as debilitadas arcas locais. Sempre, claro está, metendo a man no peto da veciñanza mentres a Igrexa Católica segue liberada de pagar o IBI, se cadra, porque o seu reino non é deste mundo aínda que a propriedade estexa ao seu nome.

2 thoughts on “Concello prevé cobrar agora pola instalación de mesas informativas nas rúas e prazas públicas

  1. Pingback: Concello de Santiago prevé cobrar agora pola instalación de mesas informativas nas rúas e prazas públicas

  2. nova volta de porca contra o exercício da liberdade de expresión e información? ou nova volta de porca á privaticación?ou van as dúas, neste caso, xuntas?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s