Candidatura do Povo festexará na rúa doce meses de traballo municipal soberanista

Será este domingo. A Candidatura do Povo cumpre un ano de vida se tomamos como referencia a nosa participación nas Eleccións Municipais 2011 nas que rachamos todos os teitos históricos de voto soberanista en Compostela. Doce meses de traballo continuado que evidenciaron a viabilidade de alternativas ao mapa de partidos institucionalistas de Raxoi e a posibilidade de construilas desde posicións soberanistas e de esquerdas.

Este domingo 27 festexaremos na praza 8 de Marzo a partir das 12:00 h. da mañá esta pequena andaina dun traxecto que adiviñamos longo. Sesión vermú, xantar e actuacións musicais envolverán nun clima de camaradaxe e irmandade as veciñas e veciños que se animen a achegarse á celebración da festa-aniversario da Candidatura do Povo.

O noso compromiso a partir do próximo luns é continuar afortalando o grupo municipal, intensificar a nosa actuación na capital do país, seguir demostrando con feitos que é posíbel facer un traballo municipal próximo á xente sen facer deixadez nen ocultación de principios e gañar a confianza e a participación de sectores crecentes da veciñanza para un proxecto municipalista popular que, como anunciamos hai un ano, e confirmamos coa nosa prática, “veu para ficar”.

Grazas a todas e todos por facerdes posíbel a Candidatura do Povo!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s