Currás inaugura nas Cancelas un falso túnel por valor de catro millóns anunciando que é a “antesala” do novo Carrefour

Ao igual que CR-11, Currás non esgota a capacidade de asombrar á veciñanza coas súas declaracións. Hoxe, acompañado da maioría dos edis de confianza do seu grupo municipal, inaugurou o falso túnel que acede á área comercial que Carrefour Property España e Realia constrúen nas Cancelas. Esquecendo que é un cargo público e evidenciando a finalidade real da infraestrutura, o alcalde anunciou que o falso túnel era a “antesala” para dar servizo a “outro gran proxecto para Santiago” como é, na súa opinión, o novo supercentro comercial.

Como portavoz de feito da multinacional francesa, igual que fixera Conde Roa en novembro, Currás anunciou no acto institucional a apertura da nova superficia “para finais de ano”. Ademáis, a máxima autoridade local louvou o “gran investimento para Santiago en momentos difíceis” nos que “o desemprego se incrementou en toda España”. Evidenciando que carece de medidas contra o desemprego de dez mil veciñ@s e a pobreza de 22.000, Currás dixo que “confiamos” (!) que “esta gran infraestrutura comercial permita aliviar a situación de incremento do desemprego”.

A construción dunha nova área comercial en Compostela, para alén de provocar intensa preocupación no pequeno comercio local, abafado pola competencia de grandes compañías estranxeiras como denunciamos en marzo, suporá, como xa se constatou, a destrución de emprego no pequeno comercio local e a a creación de decenas de empregos precarios, con baixos salarios, xornadas prolongadas e a permanente ameaza do desemprego, polo que, en sentido estrito, non é alternativa á grave situación do mercado laboral na nosa cidade.

Fendas nas casas

Ao mellor estilo terceiromundista, a construción do falso túnel provocou a aparición de fendas en varias casas particulares. Ao respecto, a concelleira de Infraestruturas, María Castelao, asegurou que “agora comeza o segundo protocolo de fendas ao que se comprometeu a empresa promotora”. “Levaranse a cabo as reparacións que sexan necesarias”. Castelao eloxiou tamén á promotora do Centro Comercial pola súa “colaboración” nesta cuestión.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s