Candidatura do Povo apoia a mobilización contra a normativa municipal que pretende privatizar o uso da rúa

A Candidatura do Povo apoia a autoconvocatoria de manifestación programada para esta quinta-feira 31 de maio contra a nova ordenanza municipal que pretende privatizar os usos dos espazos públicos pola veciñanza. Estamos unha vez máis ante ese binomio que tan grato é para a extrema dereita que goberna en Raxoi entre censura e negocio económico. De feito, o que pretende o goberno local é impor taxas polo uso público de rúas e prazas e, á vez, converter este nun mecanismo de censura económica co obxectivo de sacar da rúa ás asociacións e colectivos que non son do gosto de Raxoi.

A mobilización veciñal partirá ás 17:00 h. da Praza do Toral para achegarse ata o Concello onde a corporación pretende aprobar en pleno esta nova ordenanza que, sen esaxeracións, calificamos de neofranquista e represiva. A Candidatura do Povo chama á veciñanza a manifestarse contra esta nova volta de porca para a privatización encuberta dos espazos públicos e a imposición dun rexime de silencio e censura.

Mensaxe ao Concello

Queremos, por último, enviar unha mensaxe a Raxoi desde esta web: levades décadas tratando de impor o silencio ás rúas de Compostela a través da aplicación de sucesivas ordenanzas antidemocráticas. Esta tentativa permanente, que se saldou ata hoxe con centos de veciños e veciñas procesadas, multas, detencións, etc., nunca  conseguiu o seu obxectivo de amedrentar á cidadanía e, todo ao contrario, xerou unha dinámica constante de insubmisión de baixa intensidade.

A tentativa de impor vía ordenanza municipal a privatización encuberta da rúa, que ademáis persegue o trunfo da censura dentro do proxecto Compostela de postal, está tan condenada como outras normativas activadas no pasado. O único resultado que terá persistir nesta dirección é que sectores máis amplos da veciñanza perciban, como xa o facemos nós, que o goberno municipal está en mans de neofranquistas que, á vez que se enchen a boca de “dereitos”, “liberdade” e “democracia”, son os seus peores inimigos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s