300 veciños e veciñas saen á rúa para rechazar a ordenanza liberticida de Ángel Currás

Baixo un sol intenso, 300 veciñas e veciños de Compostela saimos hoxe á rúa desde o Toral ata o Obradoiro para esixir que o Concello retire o texto actual da Ordenanza Reguladora de Actividades, Instalacións e Ocupacións da Vía Pública, cuxos contidos denunciamos ao longo da semana. Como proba do novo talante que aniña en Raxoi, despois da substitución no cargo de rexedor do defraudador fiscal Conde Roa polo responsábel político da Cidade da Cultura durante anos, Ángel Currás, o aceso ao Concello estaba imposibilitado para a veciñanza.

Policías e valados metálicos velaban para que o povo non interferise nas deliberacións da corporación, unha vez que o insignificante cupo de presenza veciñal autorizado para os plenos –dez persoas apenas- estaba xa cuberto. Presenza dos sindicatos CIG, CUT e CNT, Rede Feminista Galega, NÓS-UP e a Candidatura do Povo como único grupo municipal que participou na mobilización convocada desde a asemblea celebrada na praza da Oliveira. Pódense contemplar fotos e video da manifestación desta tarde nas contas de Facebook e Twitter da Candidatura do Povo.

Nova asemblea aberta

A próxima segunda-feira a partir das 21:00 h. celebrarase unha nova asemblea no bar As Dúas –praza da Oliveira- para facer o seguimento da aprobación da normativa municipal e delimitar as medidas de contestación a este novo ataque contra o exercicio das liberdades democráticas que, desmentindo a súa presunta moderación, encabeza o novo alcalde Ángel Currás.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s