Candidatura do Povo festexou os seus primeiros doce meses de traballo municipal

O pasado domingo, a Candidatura do Povo festexou os seus primeiros doce meses de traballo municipal soberanista. Doce meses de articulación dun proxecto que aspira a sumar detrás de si a confianza dos sectores máis dinámicos e críticos da veciñanza, fomentar a autoorganización popular e abrir, tamén, a frente institucional, para que as reivindicacións veciñais cheguen ata Raxoi e ecoen no salón de plenos. Estes son os nosos compromisos principais desde que decidimos concorrer ás Eleicións Municipais 2011.

A pesar do tempo desapacíbel que tivemos, por volta de 300 veciños e veciñas pasaron ao longo do día pola praza 8 de Marzo para compartillar con nós nun clima de irmandade celebración, xantar, foliada e as actuacións de Espalda Molhada e o DJ Heavy. Varios paineis situados nas entradas da praza informaron á veciñanza das principais liñas de traballo que está a desenvolver a Candidatura do Povo desde a súa constitución. Agora toca continuar, crear poder veciñal desde parámetros soberanistas e de esquerdas e manter a liña de oposición dura á extrema dereita que, con Conde Roa ou con Ángel Currás ou Paula Prado, continúa a gobernar o noso Concello.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s