Concelleiros do PSOE lávanse as mans ante a ordenanza neofranquista do Partido Popular

Hai veces na política en que a neutralidade é unha tomada clara de posición. Nesta ocasión, os nove edís e edilas do PSOE en Compostela, aínda que non podían mudar o resultado final da votación dada a correlación de forzas que existe no Concello, optaron pola falsa neutralidade do que se encolle de ombreiros cando se producen vulneracións de dereitos e liberdades. Co seu silencio cómplice evidenciaron unha vez máis que compartillan cos neofranquistas de Ángel Currás unha mesma filosofía do que chaman democracia e un idéntico modelo de cidade.

Só o grupo municipal do BNG mantivo a decencia mínima esixíbel a quen se define como demócrata. Á espera do desenvolvemento e as concrecións, a Ordenanza Reguladora de Actividades, Instalacións e Ocupacións da Vía Pública é xa unha realidade e, ademáis, un problema engadido para a intervención dos organismos e movementos populares nunha cidade onde trás décadas de gobernos bipartidos se construiu un modelo urbano con fortes tintes represivos, onde os dereitos da cidadanía minguan en favor da política de permisos arbitrarios, proibicións administrativas e extorsión económica por parte das autoridades locais, estatais e xudiciais sobre o tecido asociativo que se manifesta na rúa.

Crónica do Pleno Municipal

Como informamos onte, o pleno celebrouse a porta pechada coa excepción do cupo de “participación cidadá” regulamentado para este órgano: dez persoas, entre as que se inclúen @s xornalistas. A presenza do dixital Sermos Galiza dentro da reunión posibilitou contodo que teñamos unha crónica do decurso dos acontecementos da tarde de onte en Raxoi e dalgunhas intervencións feitas mentres o PP ordenaba pechar as xanelas para non ouvir o clamor da rúa. Agora, o dilema para os movementos populares é claro: acatar e normalizar pola vía dos feitos a decisión de neofranquistas e cómplices, ou definir unha estratexia colectiva para o seu incumprimento e, á longa, a súa derrogación.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s