Colectivos e asociacións veciñais tomarán a rúa de novo para facer inaplicábel a ordenanza de espazos públicos

A oposición a pé de rúa contra a Ordenanza Reguladora de Actividades, Instalacións e Ocupacións da Vía Pública é xa unha realidade coa que vai ter que tratar a equipa de goberno municipal. Despois da decisión adoptada polo PP no último pleno municpal, coa connivencia do PSOE en forma de abstención, agora é o momento de facer inaplicábel unha ordenanza que, para alén de privatizar o uso público das rúas, pretende converterse nun arbitrario instrumento de censura en mans das autoridades locais.

Neste sentido, os colectivos, asociacións e organizacións comprometidos no rechazo á ordenanza municipal do PP tomarán de novo a rúa este venres coa colocación de expositores de material, no que é un novo incumprimento colectivo da normativa. A cita está posta para as 18:00 h. na praza do Toral e a acción de desobediencia colectiva prolongarase ata as 20:00 h. A Candidatura do Povo súmase a esta acción e anima a participar nela ao tecido asociativo da cidade sensibilizado coa defesa das liberdades democráticas, hoxe postas aínda máis en cuestión polo goberno municipal da extrema dereita.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s