Sentenza xudicial declara á Gentalha “culpábel” de “obstaculizar a vía pública” cunha faixa

O centro social A Gentalha do Pichel ven de recibir unha sentanza condenatoria por “obstaculización da vía pública” ao colocar unha faixa coa lexenda Na Galiza só em galego na cacharela de San Xoán 2010. Se ben a multa imposta inicialmente polo Concello de Compostela contra a asociación rebáixase de 1500 a 300 euros, o auto xudicial senta un inaceptábel precedente legal sobre o que a Xustiza entende por “obstaculización da vía pública”.

A laxitude e arbitrariedade coa que aquí se emprega o concepto obstaculización parece evidente, unha vez que a faixa obxecto do proceso nunca imposibilitou a circulación normal da xente presente na citada cacharela. Séntase así un novo precedente nesta longa batalla, que xa dura décadas, para defender a liberdade de reunión e a liberdade de expresión na nosa cidade.

Desobediencia

Por parte da Candidatura do Povo, á vez que animamos a manter este pulso estratéxico co Concello por parte do tecido asociativo local, incumprindo colectiva e sistematicamente as normativas liberticidas, queremos denunciar tamén a promoción de políticas de normativización obsesiva da vida en comunidade, que casualmente coincide coa reactivación do Consejo Local de Seguridad de man de Samuel Juárez e Gerardo Conde.

Temos a certeza de que esta normativización obsesiva e autoritaria da vida en comunidade non persegue neste caso outro obxectivo que varrer da rúa calquera expresión de protesta ou conflito social. Máis aínda cando desde Raxoi as autoridades municipais son totalmente conscientes do descontento social que xeran as políticas do PPSOE e o incremento das protestas populares en cantidade e intensidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s