Candidatura do Povo organiza un curso de formación sobre novas masculinidades

Desde a Candidatura do Povo, dentro do constante proceso de modelado dunha praxe municipalista soberanista e de esquerda, tratamos de incluir transversalmente a óptica de xénero en todas as nosas liñas de intervención. Neste sentido, o grupo municipal decidiu recentemente organizar un curso de formación sobre Novas Masculinidades que se impartirá na libraría de mulleres Lila de Lilith.

O curso está enfocado para o propio grupo municipal da Candidatura do Povo e aberto a todas aqueles veciños interesados no programa formativo que se oferta. A inscrición será de 20€ para o público e con prezo reducido de 5€ para @s membros da Candidatura. O curso impartiráse esta sexta-feira 15 de 17:00 a 21:00 e sábado 16 de 10:00 a 14:00 h. As inscricións pódense facer acodindo á Libraría Lila de Lilith ou escribindo para o correo liladelilith@gmail.com.

O temario que abordaremos durante as oito horas que durará o curso formativo é o seguinte:

1. A desigualdade en cifras
2. Breve historia dos feminismos
3. O sistema sexo-xénero
4. Os grupos de homes. Tipoloxías e metas
5. A alfabetización emocional

A libraría Lila de Lilith encóntrase na rúa Travesa, nº 7. O telefone de contacto é 981-571469.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s