O butano sube 1€ desde o 1 de xullo

En medio dun clima de corrupción institucionalizada, amnistías fiscais para grandes fortunas, financiamento co diñeiro público das perdas multimillonarias de bancos e caixas, fraude á Seguranza Social de amplos sectores empresariais e paradisos fiscais intocábeis, temos a impresión de que os amos da situación están dispostos a cargar as facturas impagas das súas aventuras económicas nas costas da maioría social. A última noticia neste sentido de precarización e encarecemento do custo da vida é a suba do gas doméstico por sexto trimestre consecutivo.

A partir do día 1, a bombona de butano aumentará o seu prezo nun 5.8%, é dicir, un euro aproximadamente. Garántese así que os operadores da distribución do gas doméstico continuarán tirando beneficio. Con esta nova suba, que se suma às aplicadas nos 6 trimestres anteriores, o prezo medio da bombona de 15.5 kgs. que muit@s utilizamos nas nosas casas para cociña, ducha, calefacción, etc. pasa a ser de 16.43 euros. Desde xaneiro, subiu por tanto nun 8.8% encontrándose desde o próximo día 1 no seu teito histórico.

Un servizo imprescindíbel
sometido a subas continuas

A suba trimestral do prezo da bombona é o resultado da aplicación dunha “fórmula automática” ideada polo Ministerio de Industria español que, segundo parece, desde Madrid non teñen proxectado revisar. En 2011, as subas trimestrais foron de 3.13% en xaneiro, 6% en abril, 5.7% en xullo e 1.95% en outubro. O custo dun servizo básico e imprescindíbel en núcleos urbanos como Compostela encóntrase sometido por tanto a un incremento intertrimestral continuado.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s