O noso veciño Antom Santos foi agredido por varios carcereiros na prisión de Aranjuez

Antom Santos é un veciño de Compostela coñecido e querido por moitos e moitas de nós. Home traballador, comprometido coa defensa deste país, deportista, lector empedernido, animador de grupos de excursionismo de montaña ou debate político, independentista, peón do bairro de San Pedro e doutor en Historia entre outras moitas facetas, foi detido e encarcerado o pasado 1 de decembro á vez que linchado mediaticamente como “terrorista”. Hoxe, encóntrase preso no cárcere de Aranjuez (España) a máis de 600 km. do seu domicilio habitual.

Se ben o xuízo mediático, o encarceramento preventivo sen celebración dun proceso penal previo, a dispersión penitenciaria, envolvendo aos seus parentes e amig@s na lóxica de viaxar cada fin de semana centos de quilómetros para visitalo durante 45 min. e o rexime de isolamento e incomunicación aos que está sometido Antom, xa son castigos en si mesmos, a agresión física directa por parte de carcereiros que, na pura teoría, son os responsábeis pola sua “custodia” e “integridade”, alcanza un dos cenits da indignidade e a miseria humana institucionalizadas.

Isto é precisamente o que aconteceu a pasada cuarta-feira 6 de xuño en Aranjuez. Antom foi agredido polos funcionarios con golpes na cara evidenciando de novo que tipo de tratamento reciben as persoas presas no sistema carcerario do Estado español. Desde a Candidatura do Povo queremos enviar ata Aranjuez un forte abrazo ao noso veciño e amigo Antom Santos, porque sabemos que alí onde se encontre estará a defender a súa dignidade, a xustiza e a liberdade de Galiza. Unha vez máis, esiximos a súa repatriación e liberdade. Queremos que volva para a casa!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s