Convidamos este sábado á veciñanza para participar na ‘II Cacharela da Candidatura do Povo’

A Candidatura do Povo organiza por segundo ano consecutivo a cacharela de San Xoán. Unha oportunidade máis para compartillarmos festa, lume e noite todas aquelas veciñas e veciños desta cidade que construimos unha resistencia colectiva ao actual estado das cousas na nosa cidade. Música, festa, irmandade e lume recibirán na rúa Valle Inclán a chegada do verán do mesmo xeito que facemos nesta vella nación desde hai centos ou miles de anos.

A localización da nosa festa é, de novo, a mesma de 2011, xa que así o decidiron as autoridades municipais do Partido Popular apesar de termos solicitado previamente outras posibilidades. Sardiñas de Rianxo, chourizos do País, prezos populares e festa rachada comezarán a partir das 19:00 h. da tarde deste sábado. Haberá foliada durante toda a noite e a actuación dos Labregos no Tempo dos Sputniks a partir das 22:00 h.

A nosa será unha máis das 259 cacharelas públicas e privadas que arderán nesta noite de San Xoán 2012. Animamos á xente dos movementos veciñais, as soberanistas, os independentistas, as anarquistas, os comunistas e, en fin, á esquerda auténtica da Compostela que resiste e non se axeonlla, a compartillar o lume con nós en irmandade e celebrar o solsticio que xa chega.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s