Candidatura do Povo chama á veciñanza a mobilizarse contra a operación especulativa en Peleteiro

A Candidatura do Povo  chama á veciñanza a se mobilizar esta sexta-feira 29 de xuño a partir das 20:00 h. frente ao edificio do antigo colexio Peleteiro. A finalidade desta mobilización é chamar a atención sobre a operación especulativa que paira sobre o solar do que foi un centro educativo, denunciar os cargos aos que pode ter que facer frente o erario municipal debido ás operacións urbanísticas do bipartido desmontadas polo TSXG e reivindicar un destino social, tanto para os terrenos como para o inmóbel.

Nesta mesma páxina, a Candidatura do Povo presenta unha proposta de usos do solar e o edificio de Peleteiro que é a antítese da tríade proposta desde o Concello de Compostela -centro comercial, vivendas de luxo e hotel-. O noso grupo municipal espallará e presentará nas próximas semanas esta proposta ao tecido asociativo de Compostela, tratando de convertela coas achegas de distintos sectores sociais nunha alternativa á operación especulativa que se cerne sobre os terrenos coa implicación do banco NGB e o Concello de Compostela.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s