Concello “queimará” 250.000 euros para facer os fogos do Apóstolo 2012

Que non se diga: o Concello de Compostela gastará nas noites dos días 24 e 31 de xullo 250.000 euros en foguetaría festiva a pesar da ruinosa situación económica que padecen amplos sectores da veciñanza local e os recentes recortes dos orzamentos municipais. A empresa amiga que resulta beneficiaria do contrato é, por segundo ano consecutivo, General de Producciones y Diseño (GPD), unha filial da multinacional Acciona.

Currás anunciou na web municipal que GSD é “unha garantía”. Contrastan estas “políticas de gasto” e “preocupacións” con noticias aparecidas nas últimas semanas, como a ampliación dos períodos de revisión para enfermos de cancro no CHUS, o repagamento de medicinas dos pensionistas, a clausura da biblioteca das Casas Reais, a campaña mediática para presentarnos como “éxito” o descenso do desemprego en xuño como resultado da masiva contratación-lixo do verán, etc. Pero, que non se diga, aínda que non haxa pan, o circo estará “garantido” pola máxima autoridade local.

Empresas foráneas

Cuestión de destacar é tamén o gusto do PP local por contratar os fogos a grandes empresas foráneas, cando neste país temos unha longa tradición fogueteira e empresas da nosa comarca poderían facerse cargo da preparación dos fogos a prezos moi inferiores aos de GPD e deixando valor engadido en Galiza. Seguramente, Ángel Currás pensa que as empresas de fora ofrecen máis “garantías” que as propias. É o propio dun goberno municipal que ten por norma renegar do propio.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s