“Aparece” o Códice Calixtino envolto nunha bolsa de plástico nun garaxe do Milladoiro

Hoxe, ás 16:45 h. da tarde, coincidindo casualmente co aniversario da súa extraña desaparición e os anuncios feitos polo Deán José María Díaz en días previos respecto a que as investigacións policiais ian por bon camiño, efectivos da Policía española localizaron o Códice Calixtino nun garaxe do Milladoiro. O documento do século XII encontrábase envolto nunha bolsa de plástico e, segundo as informacións policiais que neste momento facilitan todos os medios, xunto a outros textos relixiosos e obxectos de valor.

A reaparición do Códice é o capítulo final dun culebrón propio dun impaís onde as autoridades políticas e eclesiásticas non asumen responsabilidades sobre o completo abandono ao que someten o patrimonio histórico-artístico nacional. Agora, cando parece pecharse o círculo, con Vázquez Taín, de novo, actuando na condición de xuíz estrela, e a curia compostelana fica libre de responsabilidades directas na desaparición, resoan aínda nos nosos ouvidos as enigmáticas declaracións de primeira hora do Deán José María Díaz, ou o titular que El Correo Gallego enviaba ao “ladrón” hai algunhas semanas.

A choqueira versión oficial ten nesta ocasión máis ribetes de incredibilidade do habitual –un electricista, facturas impagadas, a “presunta noiva”, os “recovecos” da Catedral, etc.- e xa está a dar pé á creatividade e a retranca xeneralizada nas redes sociais. Pola nosa parte, apenas destacar unha cuestión: que pezas fundamentais do noso patrimonio histórico-artístico continúan en mans de completos irresponsábeis. En Galiza, atentar contra o medio ou facelo contra o noso patrimonio sae de balde a día de hoxe.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s