Deán da Catedral declara a ‘El País’ que “a vítima da perda fun eu, que tiven que cesar como arquiveiro”

José María Díaz, a pesar de todo, deán da Catedral de Compostela, é un individuo dado á retranca. Se non fose así, deberíamos pensar que a súa falta de vergoña é infinita. En declaracións ao diario El País, Díaz asegura hoxe, respecto á substracción do Códice Calixtino, que “a vítima da perda fun eu, que tiven que cesar como arquiveiro”. Refírese o crego á súa situación persoal: a lóxica perda do cargo como responsábel do arquivo catedralicio unha vez que se evidenciou o desleixo absoluto en que se encontraba o documento do século XII.

Polo que se ve, o deán non comprende a necesidade da súa dimisión. Díaz aínda non pediu publicamente escusas pola súa incompetencia manifesta e percorre as redaccións de distintos medios falando sobre o seu “delicado estado de saúde”, que lle impediría abordar cuestións relativas á desaparición do Códice Calixtino. Discretamente, o máximo responsábel da Catedral, o arcebispo Julián Barrio, mantense nunha segunda posición mentras Díaz fala para os medios.

“Personalidade paranoica”

Díaz declarou á Cadena Ser tras o achado do Códice que as súas sospeitas se dirixiran había tempo cara o traballador detido onte cando “vin un achante con diferente material eléctrico” no que “apareceu unha bolsiña de tea cunhas chaves e un cartón que puña ‘chaves do arquivo da Catedral’”. Segundo o deán, con estes feitos, “tivemos a certeza case absoluta” e acordaron que xa “non se trataba de atopar o ladrón, senón a peza”. Díaz afirma agora que o principal detido ten unha “personalidade patolóxica” e “paranoica”.

Volve sobre o seu vitimismo cando apunta que “teño unha pesadume persoal que non hai quen me compense”, na liña de presentarse como damnificado polos feitos en vez de como responsábel.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s