Membros da equipa de investigación que localizou o Códice din, respecto aos membros da curia compostelana, que “algúns mentían como cosacos e outros se escabulían”

O culebrón do Códice segue facendo correr ríos de tinta e sensacionalismo da pior clase, mentres a totalidade dos media, envolvidos nos aspectos anecdóticos e intranscendentes do caso, velan a chave de todo este escenario: o estado de completo abandono e desleixo en que se encontra unha parte substancial do patrimonio histórico-artístico galego en mans da Igrexa Católica e a inibición e permisividade das administracións públicas ante semellantes situación. O desprezo polo noso alcanza hoxe cotas de institucionalización.

Hoxe, cando a versión oficial dos acontecementos sobre a reaparición do Códice Calixtino é posta en entredito por amplos sectores da veciñanza de Compostela e do país, o diario El País bota novas luces sobre un caso que parece ser irredutíbel ao conto do electricista vingativo e o deán atraizoado. Segundo o xornal español “os investigadores cren que non só eran responsábeis dos furtos o electricista e a familia que o encubría”. Contodo, ata este momento, non se anunciaron novas investigacións no contorno da curia de Compostela.

A complexidade do caso parece evidenciarse porque, segundo esta fonte, durante as pesquisas se comprobou que “había personaxes habituais do entorno eclesiástico con moitas cousas que ocultar”. Segundo El País, que se remite a un membro da equipa policial que localizou o Códice, “algúns mentían como cosacos, e outros se escabulían”. “Por unha cuestión ou por outra, consideraban que tiñan algo que esconder, que eran sospeitosos de primeira e cerrábanse en banda”. Obviamente, a investigación non removerá finalmente estas aguas.

Anexamos a fonte da información

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s