Candidatura do Povo convida á veciñanza a por a simboloxía galega en xanelas e balcóns

Aproxímase o Día da Patria e a Candidatura do Povo anima á veciñanza a pendurar a bandeira galega en xanelas e balcóns como expresión de identificación coa nosa nación, autoestima colectiva e reivindicación dun futuro de auténtica liberdade e democracia para Galiza. Pretendemos que as fachadas de Compostela luzan este 25 de xullo como as da capital dun Povo con identidade e orgullo de si mesmo, en vez de como un destino turístico españolizado e presto para consumir.

Con esta iniciativa, a Candidatura fai súa unha prática que decenas de veciños e veciñas da cidade xa desenvolven espontaneamente todo o ano e, sobre todo, nas proximidades do Día da Patria: manifestar a nosa singularidade nacional e a reivindicación de soberanía política para Galiza. Centros sociais da cidade, locais hostaleiros nacionalistas, asociacións, sindicatos, etc. son algúns dos lugares onde pode adquirir a simboloxía galega quen se animen a participar desta iniciativa colectiva.

NAS NOSAS CASAS, A GALEGA!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s