Catedral de Compostela revélase como un auténtico paradiso fiscal ao servizo dun credo relixioso

O episodio estrambótico da recuperación do Códice Calixtino no aniversario da súa desaparición puxo de relevo a existencia dun auténtico paradiso fiscal na Catedral de Compostela. Lonxe do discurso oficial da curia relixiosa, que fala de “austeridade”, “pobreza” e “desapego dos bens terrenais”, a xerarquía eclesiástica en Compostela xestiona sen nengún tipo de control fiscal por parte dos poderes públicos un negocio que inclúe donacións libres de impostos, millonarias subvencións do Estado e capital inmobiliario.

O marco legal deste grande negócio é o convenio económico asinado en 1979 entre o Estado español e a Igrexa Católica, que libera a esta última da presión fiscal polas donacións de todo tipo que recibe. Este convenio é de aplicación à Conferencia Episcopal, dióceses, parroquias, ordes e congregacións relixiosas e todo tipo de organismos pertencentes á institución relixiosa que, a efeitos fiscais, teñen carácter de entidades non lucrativas.

Arcas municipais perden cada ano
200.000 euros por isención do IBI

A esta liberación de responsabilidades fiscais súmase a do impagamento do Impuesto de Bienes Inmuebles (IBI), que posibilita á xerarquía eclesiástica a isención de pagamentos polo seu estenso patrimonio inmobiliario. Cálculos realistas estiman en 200.000 euros o diñeiro que cada ano deixan de ingresar as arcas do Concello de Compostela por este privilexio consistente en desfrutar de propiedades inmobiliarias sen abonar aos poderes públicos os impostos obrigatorios para o resto da veciñanza.

Alén disto, o episodio do Códice Calixtino puxo á vista da veciñanza a millonaria inxección económica que a Catedral de Compostela recibe através do chamado cepillo –donacións individuais dentro da propia catedral- e a existencia dunha rede de circulación de diñeiro sen control, con electricistas que teñen chaves de caixas fortes como elemento peculiar, que, como afirmou nesta semana o propio Sindicato Unificado de Policía (SUP), nunca será investigada en profundidade por tratarse dunha institución amparada por poderes políticos, xudiciais e policiais.

Imaxinemos, por un momento, que acontecería na nosa cidade, con taxas de desemprego que se aproximan ao 25%, con políticas de recorte duro dos servizos sociais e municipais, cun goberno local que posibilita que a Igrexa non abone o IBI, etc., se este capital tivese un destino social.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s