Mar Martín propón “medidas de orde pública” contra a xente forzada a durmir na rúa

En múltiples cuestións as propostas da extrema dereita municipal son imposíbeis de diferenciar das do PSOE compostelano. É o caso do tratamento dos sectores da sociedade que están a resultar máis precarizados e empobrecidos pola crise. A concelleira socialista Mar Martín demostrou unha vez máis que, nesta materia, PSOE e PP manexan criterios idénticos e solicitou ao pleno municipal “medidas de orde pública” contra a xente que se ve forzada a durmir na rúa.

Mar Martín presentou hoxe un rogo ao próximo pleno relativo á “situación da dársena de Xoán XXIII”, onde decenas de persoas sen teito pernoctan cada noite debido á inexistencia de instalacións públicas que o permitan. Martín denuncia a “pasividade” do goberno municipal, pero non polo sangrante caso de inxustiza social e a necesidade de políticas de emprego e vivenda acaidas, senón polo feito de que Raxoi non actuase con “medidas de orde pública para evitar que se durma nas rúas”.

“Mala imaxe”

Considera a concelleira socialista que “a situación agravouse de maneira considerábel” porque aumentou o número de persoas que “dormen ali, colchóns, enseres e bebidas alcoólicas”. Así, o PSOE local insta ao PP a que “adopte as medidas oportunas” para facer cumprir o artigo 68 da Ordenanza de Convivencia, Residuos e Limpeza Viaria que, significativamente, mestura o tratamento do refugallo co das persoas, así como a ordenanza sobre usos da vía pública actualmente en conflito.

Mar Martín entende que o incremento da pobreza en Compostela, con taxas que se aproximan ao 25% do censo municipal, cunha taxa de desemprego da mesma dimensión, “non somente dana a nosa imaxe, senón que ocasiona molestias”. Barallan os socialistas de Compostela medidas contundentes contra as persoas empobrecidas tais como “a posibilidade dun retorno ao lugar de orixe” e “medidas de orde público para evitar que se durma nas rúas”. Nulas diferenzas cos plantexamentos de calquer partido nazi europeu.

One thought on “Mar Martín propón “medidas de orde pública” contra a xente forzada a durmir na rúa

  1. Pingback: O Obradoiro foi un clamor contra os recortes e as consecuencias sociais do resgate do Reino | Candidatura do Povo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s