[VIDEO] Candidatura do Povo interpuxo unha querela xudicial no caso do Códice Calixtino

Co obxectivo de participar no sumario aberto polo Caso Códice Calixtino, a Candidatura do Povo interpuxo unha querela legal que permitirá ao noso grupo municipal personarse como acusación popular no proceso e esixir as responsabilidades penais para politicos e cargos eclesiásticos que vimos reivindicando na rúa. A nosa presenza na investigación, cos nosos propios advogados, é, segundo indicaron @s compañeir@s da Candidatura, a única garantía “de que se saiba a verdade e non se bote terra sobre o caso”.

Publicamos o video da rolda de prensa en que os compañeiros Ricardo Picáns, Cristina Nogueira e Suso Irago expuxeron este pasado sábado na libraría Couceiro as razóns da presentación da querela, os obstáculos de tipo económico existentes e os obxectivos últimos da nosa intervención neste proceso.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s