Candidatura do Povo recibirá o Día da Patria cun festival popular nos xardins de San Roque

Se o tempo e a autoridade municipal competente o permiten, a Candidatura do Povo recibirá o Día da Patria 2012 de madrugada cun festival que baptizamos como I Festival do Povo nos xardíns de San Roque . Os grupos Habelas hainas, In Vivo, Som do Galpom, DJ Mil e unha “surpresa” amenizarán as primeiras horas do noso día nacional a partir das 22:00 h. Mestura de festa, irmandade e reivindicación para quen acreditamos que, tamén desde o traballo municipalista, é posíbel construir unha Galiza ceibe.

Coa primeira ocasión en que celebramos o Día da Patria, a Candidatura do Povo pretende seguir construindo un traballo municipalista que, sen esquecer nunca as problemáticas locais de tipo prático e concreto, o día a día veciñal, achegue tamén unha perspectiva global para a nosa intervención local. Animamos a tod@s @s nacionalistas, por riba de afiliacións e de estratexias, a compartillardes con nós festa e luita nestas primeiras horas do noso día nacional.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s