O Obradoiro foi un clamor contra os recortes e as consecuencias sociais do resgate do Reino

Cifras que van das 15.000 persoas de que falaba a Policía municipal en mans do Partido Popular ás máis de 40.000 das que fala o sindicalismo nacionalista. Sexa como for, a praza do Obradoiro estivo inzada de povo en pleno mes de xullo e Compostela evidenciou o seu rechazo masivo á política de recortes antisociais que está a aplicar o Goberno español, así como ás consecuencias laborais e económicas que para a maioría socil ten asumir o pagamento da dívida contraida polo sistema financeiro español.

Pasadas as 20:00 h. a enxurrada de veciños e veciñas partiu da alameda percorrendo as rúas Senra, Doutor Teixeiro e Hórreo para camiñar ata o Obradoiro por varias rúas da zona vella. Como en outras vilas e cidades do país, en Compostela púxose negro sobre branco o rechazo masivo aos pacotes de medidas antisociais que se aproban en Madrid contra a maioría social galega, á vez que a disposición para a loita, expresada en continuos berros de Folga Xeral, Folga Xeral! que preanuncian o éxito da xornada do 27-S.

Resgatan aos banqueiros, despiden aos obreiros!, Governo, dimisión!, Mans arriba, isto é un atraco! foron algunhas das consignas que máis soaron ao longo dunha extensa marcha que, cando entraba pola Porta da Mámoa camiño do Obradoiro, aínda estaba saindo da rúa da Senra.

 

“Antidisturbios” asubian
o canto do hino galego

Nota inhabitual na mobilización foi a presenza dun grupo de antidisturbios de paisano que, baixo as siglas SUP, se manifestaban tamén contra as consecuencias dos recortes nos corpos policiais. En distintos tramos da mobilización decenas de persoas recriminaron esta presenza, de modo que unha vez chegada a maré humana ao Obradoiro os funcionarios policiais se agrupaban en piña. Ali, os membros do corpo policial evidenciaron de novo onde se sitúan e asubiaron o canto do noso hino nacional cando a xente o entonou ao remate da mobilización.

Criticada foi tamén a presenza de varios membros da grupo municipal socialista, como Sánchez Bugallo e Bernardino Rama, que compartillan nas súas liñas mestras a filosofía dos recortes e o resgate. Ainda recentemente, este grupo municipal presentou a través de Mar Martín unha moción demandando medidas policiais contra as persoas sen teito. Meses antes, Xosé Baqueiro, tamén socialista, esixira medidas policiais contra as persoas empobrecidas “por danaren a imaxe da cidade”.

Galerías fotográficas

A Candidatura do Povo estivo unha vez máis na rúa cunha faixa coa lexenda Estamos gobernad@s por delincuentes, que suscitou simpatías no tramo da mobilización en que nos encontrábamos. A web da CIG e, surprendentemente, nesta ocasión a do El Correo Gallego, ofrecen imaxes de distintos momentos da mobilización popular. O diario La Voz de Galicia colocou un video cunha visión panorámica da protesta na praza do Obradoiro.

One thought on “O Obradoiro foi un clamor contra os recortes e as consecuencias sociais do resgate do Reino

  1. E o Diário Liberdade também tem umha galeria de fotos interessante, que digo eu que será melhor que referenciar a La Voz de Galicia e El Correo Gallego, nom??

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s