Concello e hostaleiros ofrecen distintas versións sobre o impacto económico da ‘Vuelta’ na cidade

De “importante impacto económico” é como o Concello calificou a presenza en Compostela da 13ª etapa da Vuelta Ciclista a España 2012 evidenciando unha vez máis que a inflación turística e os “grandes eventos” son a estratexia preferente sobre a que o goberno municipal cimenta o futuro social e económico da cidade. No entanto, o entusiasmo da extrema dereita local non se corresponde coa versión da asociación empresarial Hostelería Compostela, que tipifica ese impacto de “moi limitado”.

Aseguran desde Hostelería Compostela que “non máis de cinco ou seis establecementos hoteleiros da cidade tiveron a membros dos equipos e da organización aloxados” e apuntan que “o horario da saída tampouco propiciou que houbera un incremento sustancial de actividade no sector de restauración”. Significativamente, os agradecementos dos empresarios de hostalaría diríxense á Deputación da Corunha, por “facer posíbel que a Vuelta pasase pola capital de Galiza” e a “proxección exterior” da cidade.

Dados relevantes

A web do Concello informa en ton de autocompracencia que o efeito económico da Vuelta na cidade estaría “por volta dos 250.000 euros”. Contodo, se traemos en conta que o investimento público realizado ronda segundo distintas fontes os 120.000 euros en pagamentos a Unipublic -empresa privada que organiza a Vuelta-, infraestrutura, mobilización de servizos especiais de limpeza, reforzo das quendas da Policía Municipal, etc., concluiremos que o efeito económico puntual da proba deportiva española é escaso incluso para os beneficiarios directos do evento e orixina un dispendio de diñeiro público hoxe máis inxustificábel do que nunca.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s