Fernández Castiñeiras declara que roubou o Códice seguindo directrices do deán da Catedral

Levantouse o secreto de sumario do Caso Códice Calixtino. A Candidatura do Povo xa comunicou ao xuíz Vázquez Taín a intención do noso grupo municipal de personarse como acusación particular no proceso para determinar as responsabilidades eclesiásticas e políticas existentes detrás da misteriosa desaparición do Códice. As declaracións recentemente realizadas polo electricista Manuel Fernández Castiñeiras ante o xuíz instrutor botan máis leña ao lume da polémica sobre a existencia dunha trama eclesiástica que posibilitaría, e ampararía, a desaparición da xoia histórica.

Declara agora Fernández Castiñeiras, que se encontra preso no macrocárcere de Teixeiro, que roubou o Códice seguindo as directrices marcadas polo deán José María Díaz e “outro administrador” do que non se precisa o nome. A finalidade da operación –ampliamente lograda- sería dar proxección internacional á Catedral de Compostela, cuxa recadación, segundo informa El País Galicia,“baixa de forma notoria nos anos ordinarios, é dicir, os que non son santos”. Segundo a fonte citada, Fernández Castiñeiras “recibiría diñeiro” por esta participación antes de que o Códice retornase ao seu lugar.

As declaracións do electricista que mantivo unha relación laboral coa Catedral de Compostela durante 33 anos fixéronse a solicitude da defesa do preso e incitan a pescudar nunha tese que xa é vox populi entre a veciñanza da cidade: que a desaparición do Códice Calixtino é un delito no que M. F. C. sería apenas un oportuno chivo expiatorio, existindo detrás da súa presunta actuación unha trama de responsabilidades que implicaría importantes responsábeis da curia compostelana.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s