Currás privatiza tamén a xestión municipal das sancións urbanísticas

A diferenza de outros, que ocultan os seus programas, a extrema dereita compostelana vai de frente e plantexa sen rubor os seus obxectivos. A privatización de servizos municipais é un dos máis queridos, coa finalidade de entregar a empresas amigas a xestión ordinaria do Concello. O último paso nesta dirección foi a privatización da xestión das sancións urbanísticas. A titular de Urbanismo María Pardo Valdés e o director da Área de Urbanismo Municipal José Ángel Oreiro Romar anunciaron a medida o pasado día 28 antes de que moit@s compostelan@s voltásemos das ferias ou, cando menos, da desconexión informativa estival.

As razóns argüidas por María Pardo son as habituais para a privatización de servizos. A “imposibilidade” de contratar nov@s traballador@s municipais debido á política de recortes que Raxoi aplica obedecendo relixiosamente as ordes de Madrid e “favorecer a eficacia do servizo, asegurando un maior nivel de cobro”. De modo algo cínico, Pardo alegou que no último exercicio se concluiron e cobraron apenas 6 dos case 300 expedientes urbanísticos abertos, como se a xestión pública do servizo tivese relación coa súa ineficiencia.

A concelleira, que se refire á conversión do servizo público nun negocio privado como “colaboración privada” co Concello, anunciou o “éxito” da medida, que xa se aplica en outros servizos como Tráfico. Á espera de que coñezamos cal é a empresa amiga que se fará con este bocado, María Pardo anunciou, como se se tratase dunha novidade, que “o contrato non suporá nengún desembolso para o Concello”, pero a continuación afirmou que “se financiará a través dunha participación derivada das sancións impostas”, é dicir, a empresa cobrará dun ingreso que corresponde ao Concello. Seguiremos informando.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s