Número de desempregadas en Compostela séguese a manter na raia dos 10.000

Estes días distintos medios celebraron (?) un suposto descenso do desemprego na nosa cidade. Realmente, este descenso produciuse pero afectou apenas a 40 persoas, de modo que a cifra de veciñas e veciñas que se encontran sen traballo pasou de 9005 en xullo para 8965 en agosto. A redución aparente tórnase aínda máis insignificante se temos en conta que é neste mes cando, debido ao bum do sector turístico, se produce un descenso notábel, aínda que transitorio, dos índices de desemprego.

A gravidade da situación salpica ademáis toda a nosa comarca onde 14.922 veciños e veciñas se encontran sen emprego e privadas, por tanto, do aceso autónomo a todo tipo de servizos e necesidades sociais. A tendencia é pois para o incremento do desemprego e por parte do grupo municipal de extrema dereita que preside o Concello de Compostela, á vez que se cumpren fidelmente as directrices neoliberais de Madrid, non se implementa ningún tipo de medida sociolaboral real contraposta a estas tendencias.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s