Sermos Galiza publica novos dados sobre os movementos financeiros existentes na Catedral de Compostela

Que a Catedral de Compostela é unha maquinaria de movemento de diñeiro negro é algo que antes só intuían @s máis crític@s. Agora, despois de que o Caso Códice deitase luces sobre o dinamismo económico e financeiro do mausoleu católico, a percepción da catedral como terrenal casino é xa vox populi. Un interesante artigo de Antón Escuredo que hoxe publica Sermos Galiza achega dados que servirán para irmos disipando as tebras sobre a escura economía catedralicia.

O artigo pode-se consultar nesta ligazón. A título de síntese rápida achegamos os seguintes dados que nos parecen máis significativos:

– O traballador da Catedral M. F. C. actualmente preso como principal suspeito da desaparición do Códice tería substraido da recadación de esmolas 250.000 euros en 2004. Incribelmente, esta cantidade pasaría “desapercibida” para os responsábeis financeiros da Catedral ata 2012. Tolerancia coa presunta substracción ou insignificancia desta en relación ao ingreso diario por este concepto?

–  A Igrexa Católica ingresa 300 euros cada vez que activa o Botafumeiro da Catedral.

– A recadación diaria da Catedral recibida de peregrin@s e fregues@s canalízase a través de 23 petos dispostos en todo o templo e 20 máquinas de velas electrónicas.

– A Catedral aluga tamén espazos -o Museu, por exemplo-, cobra por misas e recibe ingresos por acendido de fachas via Internet.

–  A Igrexa Católica ten en Compostela 850.000 m2 de propiedades de uso non relixioso e 200 inmóbeis polos que non tributa ao Concello como o resto da veciñanza. A negativa do PP e a abstención do PSOE nun pleno celebrado en Abril posibilitaron que a curia se librase de pagar os seus impostos.

– As “doazóns voluntarias” que recibe a Catedral encóntranse “exentas total e permanentemente de impostos” desde o acordo entre a Igrexa Católica e o Estado español en 1979. No entanto, os particulares e empresas “doantes” obteñen a cambio beneficios fiscais.

– A entidade pública Consorcio de Compostela comprometeu coa Catedral a entrega de 2.545.000 euros en 28 de decembro de 2011 que se pagarán en tres anualidades. Paralelamente, privatízanse servizos municipais, redúcese o persoal do Concello e debilítanse todas as partixas con destino social. O presidente da Conferencia Episcopal Española Rouco Varela declarou en xullo que “esperamos que as medidas do goberno [refírese aos recortes antisociais] contribúa a contrarrestar o desemprego”.

En 2011, co 800º aniversario da Catedral, a Igrexa recibiu 5.5 millóns de euros.

– Segundo a xerarquía eclesiástica, a Catedral consume no seu funcionamento ordinario UN MILLÓN DE EUROS. A pesar do carácter “de interés galego” que se outorgou á Fundación Catedral de Santiago, non existen memorias públicas das actuacións desta fundación. O oscurantismo é norma na xestión económica do templo católico.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s