CIG convoca en defensa da negociación colectiva ante a Confederación de Empresarios

Xunto coas centrais españolas CCOO e UGT, o sindicato nacionalista CIG convoca mañán sexta-feira 7 de setembro a partir das 12:00 h. unha concentración de traballadores e traballadoras ante a Confederación de Empresarios que se encontra no nº 54 da rúa do Vilar. A lexenda da mobilización é A negociación colectiva é un dereito e coa súa celebración, que se simultanea en distintos puntos da nación, preténdese chamar a atención sobre a destrución desta ferramenta básica para defender os dereitos sociolaborais.

A central galega alerta no comunicado conxunto asinado coas estatais da “individualización das relacións laborais” e do “empobrecemento da povoación” que implica. De feito, a reforma laboral que posibilita novos pasos na eliminación da negociación colectiva xa fora contestada coa Folga Xeral Nacional do 29 de marzo, que tivo un masivo seguemento nos centros de traballo e as rúas da nosa cidade. A Candidatura do Povo chama a participar nesta nova mobilización e identifícase plenamente coas reivindicacións expostas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s