Tele5 emite un documental sobre o Códice que pasa de puntas en pés sobre as responsabilidades políticas e relixiosas do caso

Xornalistas, mandos policiais, responsábeis eclesiásticos, veciñ@s do extraballador da Catedral M. F. C. -hoxe preso en Teixeiro- e ata o propio xuíz do caso, José Antonio Vázquez Tain, son a base do documental El Códice Calixtino, ¿el robo del siglo? que a cadea española Tele5 emitiu onte pola noite. Unha visión panorámica do traballo evidencia que a reportaxe centra a atención na persoa de M. F. C. e nos aspectos máis esperpénticos do caso, encanto vela en grande medida as responsabilidades institucionais e eclesiásticas subxacentes.

A intromisión de xornalistas e mandos da Policía española en aspectos insignificantes da vida privada de M. F. C. e da súa familia, chegando incluso a formular xuízos de valor sobre a persoa e hipóteses de traballo sen fundamento nengún, á vez que se revelan cuestións do sumario, é un dos principais fíos condutores da reportaxe. Como exemplo desta excepcionalidade propria dun reallity show apuntar que ata o mediático xuíz Vázquez Taín se permite facer estes xuizos de valor sobre o que ata agora é o principal acusado.

Acusación popular

A pesar de que o desleixo das institucións na protección do patrimonio nacional, a existencia dunha maquinaria económica ilegal ou alegal na Catedral e a tolerancia dos mandos eclesiásticos cun presunto roubo continuado fican evidenciadas no repór, todas as declaracións apuntan de modo simplista á personaxe mediática de Manolo ‘O Electricista’. É significativo, por outra parte, a conversión do sumario desta persoa que aínda non foi condenada por un xuíz en carnaza para o sensacionalismo mediático.

A Candidatura do Povo, como xa informamos, decidiu personarse no proceso como acusación particular cun obxectivo principal: introducirnos no caso e botar luz sobre as responsabilidades político-institucionais e eclesiásticas que subxacen à desprotección do noso patrimonio histórico-artístico nacional.

One thought on “Tele5 emite un documental sobre o Códice que pasa de puntas en pés sobre as responsabilidades políticas e relixiosas do caso

  1. Pingback: Nova reportaxe sobre o Códice Calixtino nunha TV española remacha a tese de que o “roubo” do Códice só ten un responsábel individual | Candidatura do Povo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s