Candidatura do Povo manifesta a súa preocupación polo estado do noso veciño Carlos e esixe a súa liberdade

Este sábado foi detido por efectivos policiais o noso veciño Carlos C. V. Segundo afirman distintos medios de comunicación oficiais que presentan versións esencialmente idénticas, Carlos C. é “radical” e “terrorista”. Informacións fiáveis aseguran que foi conducido a Madrid e que, desde o momento da detención, está incomunicado e nen os seus parentes nen o seu avogado teñen coñecemento da situación en que se encontra nas 120 horas que pode chegar a durar esta nesta situación.

Por parte da Candidatura do Povo, queremos afirmar que coñecemos a Carlos desde hai anos e sabemos do seu compromiso constante con distintas iniciativas mediáticas, culturais e asociativas construidas en favor da veciñanza, así como do seu profundo amor por este vello país. Este coñecemento cercano en absoluto se corresponde co perfil sinistro construido desde sábado polos medios, sen respectar, sequer, a súa “presunción de inocencia” nen o “dereito á honorabilidade” de que é suxeito segundo a lexislación actual.

Queremos manifestar tamén por outra parte a nosa profunda preocupación pola situación en que se encontra, unha vez que o rexime de detención incomunicada ao que está sometido, alén de carecer de xustificación, é público que deu pé sempre a todo tipo de excesos, vulneracións de dereitos e maus tratos. Reivindicamos por tanto o fin da súa detención incomunicada, o retorno imediato para o país e a súa liberdade e expresamos a nosa solidariedade aos seus amigos e amigas e familia, neste momento sometidos a unha situación de extrema dor e inseguranza que xa padeceron outras familias de Compostela.

CARLOS LIBERDADE!
NON Á REPRESIÓN!

One thought on “Candidatura do Povo manifesta a súa preocupación polo estado do noso veciño Carlos e esixe a súa liberdade

  1. Pingback: Candidatura do Povo manifesta a sua preocupaçom polo estado do vizinho Carlos Calvo e exige a sua liberdade

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s