Colector municipal fixo unha vertedura contaminante no río Sar que matou centos de troitas

O estado en que se encontra o río Sar ao seu paso por Compostela é deplorábel. As idílicas paraxes naturais do cauce, con rápidos, fervenzas, muíños, etc., vense totalmente degradadas pola contaminación das súas augas e o depósito incontrolado de toda clase de refugallos. O desinterés do goberno municipal da extrema dereita pola situación e degradación do río é sangrante. O pasado día 4 unha vertedura contaminante dun colector municipal branquexaba de novo as augas e provocaba a mortandade masiva das troitas.

A notícia tivo algún destaque en TV e prensa, como o da información da TVG que enlazamos neste link, pero o goberno local silenciou o caso. Unha visita á páxina web do Concello, que financiamos tod@s para que louve a xestión municipal, sería suficiente para comprobar que a vertedura, simplesmente, “non existiu”. Son os membros da Plataforma pola Defensa do Río Sar, como Suso Noia, quen sinalaron publicamente as consecuencias deste novo atentado ecolóxico e denunciaron a regularidade con que se producen situacións similares.

Por parte da Candidatura do Povo, xa temos organizado unha primeira excursión pública para coñecer o río Sar, frente ao que a cidade se sitúa de costas, pero é necesaria unha maior presión veciñal sobre as autoridades municipais para que se adopten medidas efectivas para preservar un dos recunchos naturais máis belos da nosa cidade. A difusión desta información-denuncia vai neste sentido.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s