Preocupación veciñal pola detención de Carlos Calvo provocou un pico histórico de visitas á nosa web

O interés da veciñanza local e de outras vilas e cidades do país por unha cuestión concreta pódese taxar. Onte, o noso portal tivo un dos seus picos históricos de visitas motivado pola preocupación xerada arredor da detención incomunicada en que se encontraba o noso veciño Carlos Calvo, actualmente preso e dispersado a un macrocárcere madrileño a máis de 500 km. do país. O alarme social que provocou a detención do veciño de Compostela saldouse con 793 visitas á nosa páxina web.

Hoxe, compañeir@s e amig@s de Carlos, convocaron unha asemblea informativa para dar conta da súa situación no centro social O Pichel. A cita é para as 20:00 h. e o obxecto da reunión é programar actividades en favor da súa repatriación e liberdade. Por parte do noso grupo municipal animamos á veciñanza a romper con medos, tabus e intoxicacións mediáticas e asistir a este acto en solidariedade con quen, se por algo se caracterizou e caracteriza, foi sempre por un compromiso xeneroso e firme no impulso de distintas iniciativas sociais, culturais e mediáticas na nosa cidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s