Candidatura esixe a dimisión da titular de Medio Ambiente despois do segundo vertido masivo de augas residuais ao Sar

Voltou ocorrer. Na pasada fin de semana do 15 e 16 de setembro producíase un segundo vertido masivo de augas fecais ao Sar que branquexou o río e provocou a mortandade masiva das especies que aínda o habitan. As palabras de hai 15 días da responsábel (?) municipal de Medio Ambiente María Castelao Torres cando, coa indolencia habitual, declaraba que dera “orden de revisar periodicamente a conexión para evitar que unha situación deste tipo se volva repetir”, aínda resoan nos nosos ouvidos.

A causa deste segundo vertido é, de novo, o colector municipal atorado que verte sen controlo as augas fecais do Milhadoiro no río Sar. Segundo destaca a Plataforma pola Defensa do Río Sar, que achega video e imaxes do vertido, o Sar estase a converter no “sumidoiro da capital de Galiza” e esixen que o Servizo Municipal de Augas devolva o diñeiro que cobra en concepto de “sumidoiros e depuración” que, segundo afirman desde Raxoi, non irán adiante ata 2016.

Propostas de mendos inmediatos

Cun innegábel afán de protección do río, a plataforma esixe “que se retomen con carácter de urxencia as obras do colector interceptor do río Sar” que levan dous anos paralisadas e que, mentres isto non se faga, como solución provisoria, se sitúen gaiolas que peneiren os vertidos arredor das arquetas máis saturadas e dos aliviadoiros do colector ao longo do seu percorrido. Evitaríase así, cando menos, que os residuos sólidos expulsos desde as arquetas e a depuradora se cisquen polas marxes do río desde Compostela ata Padrom.

Por parte da Candidatura do Povo sumámonos ás razonábeis esixencias da Plataforma pola Defesa do Río Sar e, ademáis, demandamos a dimisión da titular de Meio Ambiente, María Castelao Torres, debido á súa notoria incompetencia, que xa se estende a distintas equipas de goberno local, na protección e cuidado dunha das principais bacias que percorren o noso territorio municipal. O río Sar necesita un plano integral de recuperación da súa biodiversidade e usos sociais. Algo que parece importar pouco á extrema dereita local, coñecedora de que a cidade vive en moitos casos de costas ao río.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s