Nova reportaxe sobre o Códice Calixtino nunha TV española remacha a tese de que o “roubo” do Códice só ten un responsábel individual

A pasada sexta-feira a cadea de TV española  Antena 3 emitía unha nova reportaxe sobre a desaparición do Códice Calixtino e a substracción de case 2 millóns de euros da Catedral atribuída ao ex operario do templo M. F. C. Novamente, a tese central do documental, que permite visualizar o negocio millonario que se move sen control fiscal na basílica, é que a responsabilidade penal do caso se restrinxe á figura mediaticamente construida de Manolo ‘O Electricista’, o que permite, por outra parte, difuminar as notábeis responsabilidades políticas e eclesiásticas que existen na desprotección en que se encontraba o libro do século XII e, en xeral, o noso patrimonio histórico.

A reportaxe de Antena 3 dura aproximadamente unha hora e subdivídese en seis capítulos. Neste tempo, mandos policiais á frente do operativo, o xuíz Vázquez-Taín, xerarcas da Catedral, xornalistas, teólogos e expertos de distinta caste desfilan ante a cámara reforzando a tese de que un só individuo foi capaz durante unha década de substraer case 2 millóns de euros sen ser detectado e á marxe da maraña de intereses existentes no templo. A negativa a sinalar responsabilidades políticas e eclesiásticas é compartillada coa reportaxe de ton sensacionalista emitida recentemente por Tele5.

A linchaxe e caricaturización á que é sometida a familia de M. F. C., máis propia dun reality show que dunha reportaxe de investigación, conta con declaracións de persoas directamente implicadas no propio proceso de investigación, que non teñen reparos –por segunda ocasión consecutiva- en opinar e lanzar hipóteses sobre cuestións que aínda están baixo sumario. Neste sentido, a ridiculización e satanización a que é sometido un ex traballador da Catedral e a súa familia son tan evidentes como a vontade de pasar de puntas en pés sobre o fondo da cuestión.

Dados económicos

É chamativo comprobar certos dados que achega o documental, como o ingreso a través de esmolas de 719.000 euros anuais; o cobro de 300€ cada vez que se activa o Botafumeiro; o cobro de distintas cantidades por visitar museus, tellados da Catedral, etc.; o ingreso anual de 229.000€ por venda de merchandising catedralicio, etc. Son significativas neste sentido as declaracións do teólogo José M. Vidal que asegura que o episodio traxicómico do Códice Calixtino foi “un grande beneficio” para esta máquina de fazer diñeiro que é a Catedral de Compostela ou o feito, non recollido na reportaxe, de que grazas ao grupo municipal da extrema dereita en Compostela a Igrexa Católica non pague o IBI no Concello polo seu amplo parque inmobiliario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s